CONVOCATORIA BOLSA EMPREGO PERSOAL OBRAS GRUPO V (peón de brigada, operario brigada...)
EXP: 2025/E001/000002
Por Resolución da Alcaldía núm.56/2025 de 23 de xaneiro, aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria do proceso selectivo para creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal das seguintes prazas: peón de brigada, operario brigada e operario da brigada/consexe, (Grupo V), do Concello de Muros.
O prazo de presentación de solicitudes é de 10 hábiles a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (publicado o 29/01/2025).