CORRECCIÓN CONVOCATORIA BOLSA EMPREGO PERSOAL OBRAS GRUPO IV (peón especialista)
EXP: 2025/E001/000001
Por Resolución da Alcaldía núm. 55/2025 de 23 de xaneiro, aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria do proceso selectivo para creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal da praza de peón especialista (Grupo IV) do Concello de Muros.
E advertido un erro na Resolución desta Alcaldía núm. 55/2025 de 23 de xaneiro, na que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria do proceso selectivo, procedeuse a súa corrección: Onde di: c) Estar en posesión do carné de conducir tipo C ou C1. Debe dicir: c) Estar en posesión do carné de conducir tipo B.
O prazo de presentación de solicitudes é de 10 hábiles a contar dende o día seguinte á publicación desta corrección no Boletín Oficial da Provincia (publicado o 6/2/2025).