CONVOCATORIA BOLSA AUXILIAR ADMINISTRATIVO 2026
EXP: 2026/E001/000029
Por Resolución desta Alcaldía núm. 916/2026, do 16 de outubro (Exp. núm.: 2026/G003/000952), aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación temporal de persoal como Auxiliar Administrativo do Concello de Muros.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (publicado o 21/10/2026).