Sede electrónica Concello de Muros

08:24:01 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de alta e modificacións padronais

O procedemento de "solicitude de alta e modificacións padronais" regula a inscrición dunha persoa no padrón municipal de habitantes, así como as sucesivas modificacións dos seus datos.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito/s impreso normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de Alta e Modificacións padronais. Folla de instruccións.
  • Cando se trate dunha nova folla de inscrición, asinarán todas as persoas maiores de idade que se inscriban (a maiores da persoa que presenta). Modelo de Autorizacion de inscrición (firma da Folla).
  • Documento que acredite a identidade das persoas rexistradas (DNI, NIE, Pasaporte, Libro de familia para os menores de 15 anos, …)
  • Documentación acreditativa do parentesco/representación. No caso de menores de idade:
    • Menor que se empadroa con ambos proxenitores:
    • Menor que se empadroa con un só dos proxenitores
      • Cando hai resolución xudicial (garda e custodia):
        • Resolución xudicial que se pronuncie sobre a guarda e custodia do menor ou da menor.
        • Consentimento do outro proxenitor ou autorización xudicial, en virtude do art. 154 do Código Civil, para o cambio de domicilio ou residencia.
        • Excepcionalmente, en determinados supostos, declaración responsable xustificando a imposibilidade de dispoñer da firma do outro proxenitor (Modelo I).
        • Se a guarda e custodia é compartida, e a resolución non se pronuncia sobre o lugar de empadroamento, deberá achegarse sempre o mutuo acordo de ambos os proxenitores ou unha resolución xudicial que se pronuncie expresamente sobre o empadroamento.
      • Se non existe resolución xudicial (garda e custodia):
        • Documento que acredite o consentimento do outro proxenitor ou autorización xudicial.
        • Excepcionalmente, en determinados supostos, declaración responsable xustificando a imposibilidade de dispoñer da firma do outro proxenitor (Modelo II).
    • Menor que se empadroa con persoas diferentes aos seus proxenitores: autorización de ambos proxenitores ou de un deles (Modelo I o Modelo II segundo proceda). No caso de tutela ou acollemento, resolución xudicial ou administrativa onde se estableza. 
  • Documento que acredite a ocupación da vivenda (escritura de propiedade, contrato de arrendamento e último recibo de aluguer, ...) Este documento non é necesario no caso de incorporación de novos habitantes a un grupo familiar xa empadroado.
  • Autorización de empadroamento. En caso de querer formalizar o empadroamento en vivenda allea, o propietario da mesma, ou ben o arrendatario, debe autorizar este empadroamento. Modelo de Autorización
  • En caso de rectificación ou actualización de datos, documento acreditativo do dato correcto.

Nome: Solicitude de alta e modificacións padronais.

Unidade tramitadora:
Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de resolución:
3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.